Sábado, 7 de noviembre
Lugo

Lugo Corre con nós

· 2.144 lecturas

Corre con nós

 

A décima edición do corre con nós comeza o domingo coa participación duns 2.000 atletas.

A primeira das carreiras terá lugar nas pistas de Atletismo Municipais Gregorio Pérez Rivera.
Esta fin de semana comeza a 10ª edición do circuíto de carreiras populares Corre con Nós organizada pola Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío. A primeira carreira do circuíto terá lugar o vindeiro domingo 22 de novembro nas pistas de atletismo municipais de Gregorio Pérez Rivera.

Horarios previstos :
10:00 h - 11:30 h : recollida de dorsais e chips na zona de saída (pistas de atletismo )
12:00 h : 1º carreira categoría MINI : 400 m.
12:10 h : 2ª carreira categoría A : 800 m.
12:20 h : 3ª carreira categoría B : 1420 m.
12:30 h : 4ª carreira categorías C e D : 2350 m.
12:40 h : 5ª carreira Adultos : 4300 m.

Nesta proba daranse cita atletas de toda Galicia, León e Asturias que se achegarán a Lugo a disfrutar dunha xornada máis deste popular circuíto. Entre os atletas destacados que acudirán á proba estará a maratoniana olímpica lucense Maria Abel que aproveitará a súa visita á cidade con motivo da homenaxe ao club lucense Lucus San Fernando Caixa Rural para participar nesta carreira.
O Prazo de inscrición finaliza hoxe xoves ás 24:00 a través da web do Corre con Nós e ata o momento hai xa un total de 1160 adultos e 850 nenos e nenas inscritos para disputar a carreira do domingo e o resto de probas do circuíto.

Máis información en :lugo.es e Web Corre connos

#correconnos#enlugo

Te puede interesar

Lugo

Lugo. Conciertos San Froilán 2010. Programa de festas

06.07.2010 · 19.947 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

23.08.2008 · 10.323 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

04.06.2008 · 7.343 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008. Conciertos

17.09.2008 · 6.858 lecturas