Sábado, 7 de noviembre
Lugo

TDT de pago para o Courel

· 2.920 lecturas

Cada veciño que queira recuperar o servicio de televisión, deberá aboar aproximadamente uns 400 euros.

OS veciños de Ferramulín, Visuña e Céramo no Concello de Folgoso do Courel que queiran recuperar o servicio de televisión, actualmente non teñen ningua canle, deberan aboar aproximadamente uns 400 euros/ casa para a instalación dunha parabólica e o receptor correspondente. Na aldea de Órreos non poderán instalar os aparellos, os tres veciños que a habitan nin sequera teñen corrente eléctrica.

En Canto o Concello de Quiroga, as aldeas de Vieiros, Seara, Soldón e Outeiro deberan proceder do mesmo xeito se queren recuperar a televisión. Recordar que estas catro aldeas xunto con Vilarbacú, foron roubadas ó Courel no ano 1972, aproveitando a Dictadura e dende aquela sumidas no máis absoluto abandono, por parte do concello de Quiroga, case despoboadas hoxe. Na Seara, que se fixeron intervencións LEADER para recuperar a aldea, agora vanse encher os teitos de parabólicas, cando se podía facer unha estación de recepción centralizada con mamtemento para que no caso de choiva neve ou xeo non se perda a recepción por satélite.

Outra proba de que o que realmente interesa é despoboar a montaña, e o resto propaganda barata.

Vía || noticiasgalicia

#courel#enlugo#quiroga#tdt

Te puede interesar

Lugo

Lugo. Conciertos San Froilán 2010. Programa de festas

06.07.2010 · 19.947 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

23.08.2008 · 10.323 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

04.06.2008 · 7.343 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008. Conciertos

17.09.2008 · 6.858 lecturas