Sábado, 7 de noviembre
Lugo

Cántiga. 1536

· 2.913 lecturas

No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdés dun ingrato galán.

I a coitada entre quiexas decía:
"Xa no mundo non teño a ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".

Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"Vou morrer e non ven ó meu ben!"
Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
"Quen pudera dar volta -pensaba-,
quen pudera convosco voar!..."

Mais as aves i o buque fuxían
sin ouir seus amargos lamentos
sólo os ventos
repetían:
"¡Quen pudera convosco voar!"

Noites craras, de aroma e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...

Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i un cadavre no fondo do mar.

AIRES DA MIÑA TERRA
Manuel Curros Enríquez

#cantiga#contos#currosenriquez#engalego

Te puede interesar

Lugo

Ditos e Refráns 1460 ( en galego )

22.02.2012 · 29.383 lecturas
Lugo

Ditos e Refráns 243 ( en galego )

22.09.2006 · 23.752 lecturas
Lugo

Adiviñas 987

08.10.2009 · 18.485 lecturas
Lugo

Ditos e Refráns 710 ( en galego )

12.04.2008 · 10.603 lecturas