Sábado, 7 de noviembre
Lugo

Arde Lucus 2007

· 5.037 lecturas

Outro ano máis, a nosa cidade dará un salto na historia cara a atrás para revivir aqueles tempos en que era coñecida en todo o Imperio como Lvcvs Avgvsti, a vrbe máis antiga da Gallaecia romana.

Así, na fin de semana do 8 ó 10 de xuño Lvcvs Avgvsti renacerá de entre as lembranzas con renovadas enerxías para que as/os lucenses vivamos o Arde Lvcvs.

Contrariamente aos costumes romanos, deixaremos abertas as portas da nosa MVRALLA para que todas as persoas que queiran poidan vir gozar desta magnífica cidade imperial, e se sumen a unha recreación dun pasado común do que debemos sentirnos orgullosos e orgullosas.

Invítovos a deixar voar a vosa imaxinación e percorrer durantes tres días esta romana vila como patricio/a, plebeio/a, deus ou deusa, escravo/a, celta ou gladiador. Elixide o voso rol para o Arde Lvcvs e gozádeo para devolverlle a Lvcvs Avgvsti ese esplendor que tiña no pasado.

José López Orozco
Alcalde de Lugo
Via: Arde Lucus.com

#ardelucus#enlugo#fiestaromana

Te puede interesar

Lugo

Lugo. Conciertos San Froilán 2010. Programa de festas

06.07.2010 · 19.947 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

23.08.2008 · 10.323 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

04.06.2008 · 7.343 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008. Conciertos

17.09.2008 · 6.858 lecturas