Sábado, 7 de noviembre
Lugo

O concello aproba as obras dun edificio para á policia local

· 1.736 lecturas

O Concelleiro de Protección da Comunidade e portavoz do Equipo de Goberno, José Rábade, deu conta esta mañá, logo da Xunta de Goberno, da aprobación da contratación de obras dun edificio dotacional destinado á Policía Local e a Protección Civil.

Tal e como explicou o prazo de execución será de 15 meses e contará cun orzamento máximo de 3.183.465 euros. O prazo para a presentación de propostas será de 26 días.

Esta actuación permitirá ademais liberar a actual sede de Policía Local e recuperar, dentro do Plan Urban, o edificio da vella cárcere para fins lúdicos e culturais.

José Rábade explicou que o edifico estará situado no barrio de San Fiz, no Sector Sur-K, unha zona en crecemento que dende o Concello se está a revitalizar coa futura construción do edificio do Centro Tecnolóxico e Agroalimentario (CETAL) e un centro cívico. O edificio ubícase nunha nova área de expansión urbana sita na zona sur da cidade que presenta unha adecuada conexión coas principais arterias de Lugo de modo que a conectividade co resto da cidade queda garantida. A parcela na que se situará o novo edificio conta cunha extensión de 3.279 metros.

O proxecto foi encargado á empresa Mestura e foi seleccionado por: - A súa calidade arquitectónica e estética, adecuación dos espazos ao programa de necesidades
- A facilidade de circulación de persoas e vehículos
- A sostibilidade e aforro enerxético

Aproveitamento do espazo
O anteproxecto plantexa un edificio cun retraso da aliñación vial coa intención de xerar un amplo espazo, unha praza exterior de acceso. A estrutura establécese en forma de U arredor dun patio que articula e xerarquiza os diferentes usos, aportando iluminación aos principais percorridos interiores e facilitando a transición do espazo exterior cara o interior do edificio.

Esta estrutura permite diferenciar a ubicación das dependencias da Policía Local e Protección Civil xa que, aínda que comparten algunhas áreas como é o ximnasio e a sala polivalente, requiren un funcionamento completamente independente. Isto é posible grazas a unha clara sectoralización das plantas baixa e primeira tanto a nivel de circulación de interiores como na configuración volumétrica do edificio.

A complexidade do programa de necesidades que plantexa este tipo de edificios e necesaria convivencia de dous servizos que requiren un funcionamento independente, suxeriu unha proposta volumétrica e distributiva dotada de certa flexibilidade para absorber posibles variacións de necesidades e permitindo a ampliación da superficie construída.

Vía || lugo.es

#enlugo#policialocal

Te puede interesar

Lugo

Lugo. Conciertos San Froilán 2010. Programa de festas

06.07.2010 · 19.947 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

23.08.2008 · 10.323 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

04.06.2008 · 7.343 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008. Conciertos

17.09.2008 · 6.858 lecturas