Sábado, 7 de noviembre
Lugo

XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López

· 2.355 lecturas

Máis de 150 atletas participarán na proba que terá lugar o domingo 11 de abril nas inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos.

O Concello de Lugo patrocina o XX Duatlón Cidade de Lugo memorial Alejandro López que organizan a Federación Galega de Tríatlon, o Clube Tríatlon Cidade de Lugo Fuvial e a Asociación Deportiva FeFeMe.

A proba, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de abril, contará coa participación de máis de 150 atletas (134 homes e 18 mulleres). Entre os participantes destacan: o triatleta internacional David Castro (Cidade de Lugo Fuvial), o deportista clasificado para os xogos olímpicos da xuventude Diego Paz (Club de Atletismo Porriño), a campiona de España cadete 2009 de duatlón e tríatlon Camila Alonso ( Triatlon Ferrol) e a triatleta internacional Cristina Azanza (Cidade de Lugo Fuvial).

Participarán corredores das seguintes categorías: cadete, junior, sub-23, veterano, absoluta e por clubes. Os participantes disputarán a modalidade Sprint percorrendo 5 quilómetros de carreira a pé, 20 quilómetros en bicicleta e 2Ž5 quilómetros de carreira a pé.

O horario das carreiras que sairán das inmediacións do Pazo de Feiras e Congresos será o seguinte:

Ás 10:00 Saída masculina B.
Ás 11:15 Saída feminina.
Ás 11:30 Saída masculina Elite.

Vía || luigo.es

#duatlon#enlugo

Te puede interesar

Lugo

Lugo. Conciertos San Froilán 2010. Programa de festas

06.07.2010 · 19.947 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

23.08.2008 · 10.323 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

04.06.2008 · 7.343 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008. Conciertos

17.09.2008 · 6.858 lecturas