Sábado, 7 de noviembre
Lugo

Lugo. Noites de retranca

· 2.501 lecturas

Noites de retranca

 

 

O espectáculo Noites de retranca achegará á Lugo en maio a actores da talla de Manquiña, Luís Zahera ou Sergio Pazos.

A actuación terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire o día 15

O Concello de Lugo colabora con Rababiero Promocións na celebración dun espectáculo de humor en galego, englobado no programa de Lugo10, que terá lugar o vindeiro 15 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Baixo o título Noites de retranca, chegarán a cidade parte dos mellores actores galegos da actualidade como Sergio Pazos, Luís Zahera, Víctor Mosqueira, Evaristo Calvo ou Manuel Manquiña entre outros.

O espectáculo comezou a súa xira o pasado 9 de xaneiro no Auditorio Municipal de Ourense e foi visto xa por milleiros de espectadores nos teatros da Coruña, Vigo e Pontevedra.

Noites de retranca é un show baseado no formato do monólogo no que tres actores de nivel nacional, intercambian co público as súas experiencias e as súas impresións sobre os temas que acompañan as nosas vidas cotiás feito con ese humor tan caracteristicamente noso: a retranca.

O espectáculo ofrece a posibilidade de que cada función sexa única xa que non conta cun guión pechado e debido á grandeza dos artistas que o forman, sempre hai un momento no que a interactuación entre eles varía e deixa paso a unha marabillosa sinfonía de humor perfectamente orquestrada.

As entradas para asistir a este evento están xa a venda a través da taquilla telefónica 902 504 500 e na web www.caixanova.es . Os prezos das entradas serán 17 euros na zona A, 16 na B e 15 na C.

Vía || www.lugo10.es

#enlugo#espectaculos#luiszahera#manquina#noites#pazos#retranca#sergio

Te puede interesar

Lugo

Lugo. Conciertos San Froilán 2010. Programa de festas

06.07.2010 · 19.947 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

23.08.2008 · 10.323 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008

04.06.2008 · 7.343 lecturas
Lugo

Lugo.- San Froilán 2008. Conciertos

17.09.2008 · 6.858 lecturas